Erguerémo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
Non sabrán o camiño
que pra entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.
Tripulantes insomnes,
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no desterro
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento.
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
Non sabrán o camiño
que pra entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.
Tripulantes insomnes,
na libertá creemos.
Viva, viva, decimos
aos que están no desterro
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento.
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
3 comentários:
Saludos con espranza.
(Qoe foto mais bonita a anterior, je je)Apertas
Fermoso este himno de orgullo, esperanza e liberdade.
Parabens.
Ei, irmán, hai que ir actualizando, eh? Andas moi ocupado polos Madriles?
A esperanza é de certo fermosa nestes versos, alén de ser o derradeiro que se perde. Acó ficamos coa esperanza no país e coa de voltar a verche pronto, eh?
Enviar um comentário