sábado, 28 de fevereiro de 2009

Gañador lambón


O gañador do meme-lamboirada ou meme-larpeiro é o FraVernero co número tres. O método democrático seleccionado foi dicirlle á miña compañeira de traballo que dixese un número do un ao nove. Escolleu o tres. Conste que ela non coñecía a existencia do concurso nin ten aparente atracción polo FraVernero... posiblemente por ignorancia. Gustaríame darlle as grazas aos restantes concursantes pola súa participación e por crearen candanseu meme. Hai que o roer!

Noraboa! Tes que me dicir o teu enderezo postal para chas enviar o máis axiña posible.

Un saúdo!
Contra a crise, lamboiradas!

2 comentários:

Moncho Pais disse...

De todos xeitos, se algún de vosoutros ten especial "ansia" polas violetas, envíovos tamén algunhas. Non quero que ninguén quede descontento.

Unha aperta.

Moncho Pais.

Anónimo disse...

com os meus sinceros parabéns ao "sortudo" vencedor, venho aqui recomendar-te, Moncho, que visites com urgência o meu blogue... :0)
há lá uma surpresa, de que acho que vais gostar!
beijo de cá,
Alexandra