segunda-feira, 2 de março de 2009

O pobo galego escolleu...


O pobo galego escolleu ao Partido Popular. O pobo galego escolleu:

-Escolleu a morte da súa identidade.
-Escolleu que o galego desapareza das escolas e do ensino.
-Escolleu a corrupción e a política promafiosa.
-Escolleu que a xente entre nun posto traballo por enchufe e non polas súas cualidades.
-Escolleu a información opaca e escura á verdade.
-Escolleu o sacrificio de dereitos xa adquiridos.
-Escolleu enterrar o Estatuto de Nación e declararse un simple apéndice de Madrid.
-Escolleu rir as bromas xenófobas cara aos galegos dos madrileños que veranean nas nosas praias.
-Escolleu a Esperanza Aguirre.
-Escolleu a privatización do público.
-Escolleu pagar por absolutamente todo.
-Escolleu o principio da destrución do sistema sanitario.
-Escolleu o lapidamento da cultura galega.
-Escolleu a folclorada á cultura galega.
-Escolleu as sevillanas e a sangría ás muiñeiras e ao licor café.
-Escolleu unha radio e unha televisión manipuladas e inútiles.
-Escolleu a débeda para varias candidaturas futuras.
-Escolleu o urbanismo descontrolado e a especulación feroz.
-Escolleu agasallar os seus recursos naturais a cambio da burla e o insulto.
-Escolleu limpar o zapato castelán na praia de Sanxenxo por catro pesos.
-Escolleu ser un tópico torero y olé.
-Escolleu o caciquismo e o servilismo.
-Escolleu a mentira e a falsidade por lei.
-Escolleu o asoballamento pauperrimamente pagado.
-Escolleu vender un Audi de Touriño e non os 29 Audis que mercou Fraga.
-Escolleu calar.
-Escolleu enxordecer.
-Escolleu non ser.

O pobo galego escolleu suicidarse, morrer, non existir. Os nosos complexos foron máis grandes cás nosas ilusións. Por que escolleches morrer, pobo meu, cando podías vivir?

6 comentários:

M* disse...

Eu xa dramaticei canto tiña que dramatizar. Agora toca poñerse as pilas e loitar porque non nos toquen o que é noso. Agora é o momento de tirar as máscaras e mostrar quen é quen. Sei que eles non estarán á altura, espero que os nosos saiban manterse firmes sen poñerse á súa altura.

Quizais isto só fora un toque de atención para demostrarnos que as cousas se poden facer de outra maneira.

Gracias polo teu comentario. Só estaba enfadada porque se me viñeran abaixo uns plans feitos con moita ilusión para unha noite moi agardada. Pero ao final, non estiveron mal as frangulliñas que quedaron, nada mal... :)

Unknown disse...

O pobo escolleu o que escolleu coma sempre. Votos do Bloque pasaron ao PSOE (Xóvenes antes rebeldes que "atopan a luz da moderación), e votos do PSOE ao PP (socialistas da vella escola non nacionalistas que lles fodeu). E logo os que flutúan antre PP-PSOE segundo o que fagan no governo.
Entre o cruzamento de acusacións de corrupción PP-PSOE, Feijóo aproveitou mellor e foi máis intelixente que Touriño. La Voz de Galicia ergueu ao PP definitivamente. O BNG en vez de aproveitar o sangue dunha pelexa de cans, andaba nos biosbardos, e fixo unha campaña feble e tonta, sen sequer saires na TVG. Confiade nos sociatas de novo...
A presidencia de Touriño foi unha continuación da de Zapatero dende Madride agás nalgunha consellaría do Bloque. Emporiso Touriño íase queimando cando se queimaba Zapatero coa crise. Non soubo isolar a situación galega da estatal.
O Bloque foi un convidado de luxo que pagou o que rachou o socialismo español ao 50%. E así foi todo.
Entre isto, a mala campaña que fixeron o PSOE e o Bloque, o rexo que foi o PP na súa campaña, e a ignorancia de sempre dun pobo que pensa que lle van traelos cartos como daquela fixera o Dinosauro; todo foi á merda.
O que sí está claro tamén, é que nas cidades (VIgo e Coruña) hai unha nova clase (entre 30 e 40), presuntamente ex-socialistas, monolingües en castelán, que agora queren a un PP igualiño có de Madride.
Os vellos viaxan carretados por Baltar, pero sonche o que son, son da boina; éstes da cidade, no entanto, acadan un auténtico perigo para o País. Movementos coma Galicia Bilingüe demosan isto. Non teñen moito apoio masivo na rúa (nas manifas pro-Palestina houbo máis en Santiago), pero sí teñen apoio en España e de toda a súa prensa. E saben utilizalo. Son coma Nós-UP, pero máis intelixentes e concretos (van ao que van).
Hoxe Touriño dimitiu. Foi o mellor que fixo. Agora tócalle a Quintana afastarse, e ao "soviet supremo" da UPG facer un congreso aberto (non búlgaro como acostuman) no que se elixa alguén que crea máis na nosa Nación, e menos en Palestina, no "hino da cona aberta feminista" ou en Cuba. Que deixen iso para Nós-UP ou para algún Foro ou Xuntanza inernacionalista de clase. Trocaron ao Beiras e a Camilo por unha grea de parvos. Eiquí están os resultados. Daqueles 18 a estes 12. O único que lles pido é que mergullen na militancia e collán a alguén con forza. Agardo que non sexa algunha muller (só por ser muller) do tipo Ana Pontón ou Ánxela Bugallo. Por favor...
GALIZA É TERRA, DEUS, ALDEAS, PARROQUIAS, MONTE, REGOS E O SANTO GRIAL. Deprendede disto!!!!

DEUS FRATESQUE GALLAECIAE

P.D: Quero felicitar a Ferrín porque sacou máis votos cós do "pano palestino" de Nós-Up (a rañala!!!)

fgul disse...

co teu permiso, Moncho, volvo a enlazar esta entrada ao meu blog.

Saudos.

Suso Lista disse...

Triste, pero certo. A luta continúa

Moncho Pais disse...

Manuel L. Rodrigues, por favor, adiante. Ti o que queiras.

Morgana, alégrame que esteas ben. Que non escoitei eu o contrario, cagho na tos!!

Cuevillas, es un filósofo. Tes moita razón!

Suso Lista, unha aperta, amigo.

Rubén disse...

Opa.
A min que me toquen o carallo, xa veras que ostia levan. eiqui manda o caudillo de Trasancos. Navia dame confianza, San Martiño dame os berros no furor da batalla, e S. Andre de Teixido xa o fun ver unha chea de veces.

Calqueira poder do mundo por grande e perigoso que éste sexa, queda moi por embaixo de calqueira galego con torque.

Ube, unha aperta !!