Esta fin de semana caeu nas miñas mans un raro dicionario xavante-portugués e portugués-xavante, editado en 1987 e revisado e actualizado en 2004. Edítao a Sociedade Internacional de Lingüística e saíu de Cuiabá, capital do Mato Grosso.
A lingua xavante posúe 13 vogais e 13 consoantes. Tentando pronunciar as vogais a través da explicación do dicionario crin voltarme tolo (lembrei o õ estoniano e o que lle custou ao Tespis pronuncialo!). As consoantes son máis doadas, aínda que a maioría non son exactamente como as coñecemos e temos que mudar un chisco o xeito de abrir ou pechar os beizos. Téñenche gheada, coma o galego. O xavante ten catro tipos de verbas: os verbos, os substantivos, os modificadores e as palabras de función preposicional.
Os verbos semellan difíciles de aprender. Mudan segundo a situación en que son empregados. Se o suxeito é singular é dun xeito. Se é plural de dous membros, doutro. Se é plural de tres ou máis, doutro. Os verbos rexístranse na terceira persoa do singular, pois non existe o infinitivo. Ademais, moitos verbos non se entenden (non teñen sentido) no presente, tendo que se escribiren no dicionario como expresións verbais que indican unha acción rematada. Os substantivos divídense principalmente en posuíbles ou non posuíbles. Segundo quen o posúa, hai que empregar un ou outro prefixo. Se o posúe unha persoa (a cabeza de alguén, por exemplo), emprégase da-, mentres que se o posúe algo (unha asa dunha xerra, por exemplo), empregarase ĩ-. Os substantivos non posuíbles (a maioría nomes de persoa ou topónimos) non precisan prefixo ningún.
O pobo xavante foi masacrado e perseguido "até" a década dos 1930, fuxindo e recluíndose no leste do Mato Grosso e no noroeste de Goiás. Nun primeiro momento quíxose convertilos e pacificalos, mais sempre remataban por voltar á selva e se ocultaren. Actualmente hai arredor duns 7000 membros deste pobo. Como moitos pobos indíxenas brasileiros, as súas principais actividades eran a caza, a pesca e a recolleita de froitos. Hoxe en día viven asediados pola gandaría irrespectuosa e o cultivo da soia, que están a ocupar, como sabedes, enormes extensións de terreo na Amazônia que antes eran selva. O lado positivo é que se están a dar pasos para a protección da súa cultura por parte dos seus membros, comezando algúns deles mesmo a aprender a escribir a súa lingua para preservar a súa cultura no futuro de modernización (verba ultraxada, maltratada, violada e enxoita de vida) que lles agarda.
Unha das cousas que máis me sorprendeu deste pobo é o ritual de paso de nenez a ser adulto. Entre os 10 e os 18 anos, todo membro masculino da tribo ten que pasar cinco anos recluído nunha casa chamada Hö, onde só poder ter contacto cos seus padriños e só pode saír a cazar, pescar ou determinados rituais. Imaxinades cinco anos metido nunha casa xavante sen poder saír nin falar con ninguén? Tras pasar eses cinco anos, a tribo fai unha festa chamada dañono, onde lle furan a orella cun óso de onza parda, a partir do cal xa o consideran adulto e lle dan unha muller escollida previamente. Os casamentos só son permitidos entre membros de clans diferentes, que son tres: âwawẽ, po'reza'õno e topdató (este derradeiro case sempre vencellado aos âwawẽ). Que máis queredes, ho!? Cinco anos rañando no carallo e aínda por riba lévanvos a muller xa para o leito.
Un pobo interesante o xavante. Unha aperta a todos e todas!

Deséxovos a todos to ti :-)
2 comentários:
Interesantes desde logo que si. Perseguidos como moitísimos outros pobos do mundo (e como moitas outras culturas). Ora ben; o que resiste, vence. Agardemos que así sexa.
Un saúdo.
Moitos povos indíxenas de Sudamérica chamados "primitivos", (isto é así para os que non son da póla incaica ainda presente no Perú e Bolivia e parte do norte de Arxentina e Chile), foron exterminados. Maioritariamente pasou isto na Arxentina e no Brasil polo peso que tivo a repoboación destes paises con inmigrantes e polo pouco desenvolvemento dos indíxenas en comparanza cos Incas no lado andino.
Na meseta do Matto Grosso, na Pampa, nas Beiras uruguaias (albufeiras) no lindeiro co Brasil, no Chaco paraguaio e na Amazônia as tribos eran na meirande parte cazadores e recolledores, moitos nómadas dentro dun territorio, mudando de verán a inverno e pola escaseza ou abondadía de víveres.
Moitos gabámonos da extensión de falantes do portugués na América e do castelán. Pero hai que ter en conta que non son línguas orixinais deses sitios (e en moitos casos foi inserida con sangue), son invasoras.
Agás o quichua (lingua incaica) e o guaraní (cooficial no Paraguai), lamentabelemente existe pouco futuro para as demáis línguas aborixes naturais, e por tanto han perderse diferentes xeitos de ver o mundo.
Enviar um comentário