segunda-feira, 16 de fevereiro de 2009

Meme-lamboirada


En vaia lea me meten! E resulta que agora me chegou a encarga dun meme-larpeiro ou meme-lamboirada. Enviáronmo dous irmáns á vez: o FraVernero e o Manuel L. Rodrigues. Non che vos teño máis remedio que o facer! O meme consiste en dicir un prato, comida ou doce tradicional e típico da miña zona. Este postre ou cousa de comer que escolla entrará nun sorteo entre os que boten unha rexouba no caderno de bitácora. O día 28 sortearase o produto/material e seralle enviado ao gañador no menor período de tempo posible. Aínda por riba, para que sexa efectivo, é preciso enviarlle o meme a outros tres blogueiros para que continúen propagando este virus.

Ten razón o FraVernero niso de que o funcionamento dos memes é moi semellante ao dos virus. Condanado! A quen carallo se lle ocorrería esta lerchada?!

A verdade é que na miña zona (Esparís - Viceso - Brión) as cousas típicas son as mesmas cás dos arredores. Ocórrenseme varios produtos: as ourellas, as filloas, a torta de queixo, as castañas e as noces, etc. Nada que sexa moi orixinal ou exclusivo. É por iso que vou ir máis lonxe e vou matar dous paxaros dun tiro. Por unha beira, saco de riba a obriga de ter que escoller un dos produtos de Viceso estando en Meiril; e por outra vou ser o máis orixinal dos meme-larpeiros galegos! Como agora estou en Meiril, vou escoller unha lamboirada típica desta parte de al-Andalus (الأندلس). Non. Non falo dun vale para ir ao Corte Inglés! Falo das violetas de Meiril. Entra en xogo un bo caldeiro delas.

A quen lle paso a buxaina? Pois ao Suso Lista, ao amigo Miquelet do Baix Vinalopó e a Cunha-Oliveira de Coimbra. Que môa a móa!

15 comentários:

Raposo disse...

Asi que anduvo vostede por terras de Gundivós, vaia, vaia!
Apúntome a esas violetas.
Apertas.

Moncho Pais disse...

Raposo! Andiven en Gundivós hai uns catro anos. Pasei alí, en Penelas, varios días na casa dun gran home xunto cos seus familiares emigrados a Barcelona. Lembro aqueles días con moito agarimo e con nitidez abraiante. Lembro aqueles carballos centenarios e fortes, de cores marabillosamente brillantes e intesas. Lembro a igrexa e o cruceiro saíndo do adro. Lembro os artesáns da cerámica. Lembro aqueles paseos de verán polas pistas de Gundivós.

Quen puidese voltar vivilo!

Tes o número 1.

Raposo disse...

En Penelas teño un bo amigo, Jose Antonio Fernández, mais coñecido como Totono.
Xa que andiveche por esas terras supoño que farías unha visita os Cañóns do Sil, ben dende os miradores ou recorrendo a zona en catamarán. E o millor ata pillache un día de feira e comiches o polbo en Sober, unha delicia!
Alégrome que desfrutaras da estancia. Apertas.

LM disse...

pois sim que conseguis-te ser original!
eu também quero número para estas exquisiteces!
beijos

FraVernero disse...

A ver se tocan as violetas esas, matritenses. Que son? Así como caramelos duros de azucre cristalizado con sabor a violeta?

Apúntame á lista do vicio, eh?

xD

Anónimo disse...

olá, acabo de te atribuir um número para o sorteio do vinho verde - mais minhoto não podia ser! - no meu blogue! :0) entretanto, já aqui tinha estado, no teu blogue, onde comentei o teu artigo extraordinário "u lo castelán". agora venho pedir um número para as violetas... que lindas, e como devem ser deliciosas!
abraço da banda de cá,
Alexandra

Chousa da Alcandra disse...

Veño dicirche que tés número para o meu sorteo do pan de Antas e que veño buscar o meu para as tuas lamberetadas!!

(Deixeiche un comentario no meu blog, no post do "trasteo")

Unha aperta dende Antas

Moncho Pais disse...

Números:

O Raposo de Sober, terra intensa: 1
O LM, creador do becho?: 2
O FraVernero, nau aventureira: 3
A Alexandra lindíssima: 4
A Chousa da Alcandra, sempre Antas: 5

Um bico/beijo a todos/as

Carlos Sousa disse...

A min tamén me gustaría participar neste sorteo. Cantas cousas vamos coñecendo, a ver se polo menos saboreo algunha.
Pásate polo meu a participar.

Un saúdo dende Ponteareas.

Moncho Pais disse...

Siñore Sousa,

Ten vosté o númaro 6. Ghrasias pola visita. Ponteareas é boa terra!

Unha aperta!

Arlete Piedade Louro disse...

Olá, já tens número para os Celestes de Santarém, agora espero o teu para as Violetas! Adoro violetas, estas devem ser muito especiais. Beijos, Arlete

Paco Penas disse...

Quero número, saúde e sorte.
Tamén podes pasar polo meu blog, será un pracer compartir.

Moncho Pais disse...

Números:

O Raposo de Sober, terra intensa: 1
O LM, creador do becho?: 2
O FraVernero, nau aventureira: 3
A Alexandra lindíssima: 4
A Chousa da Alcandra, sempre Antas: 5
Mr. Sousa: 6
A Fada das Letras, máxica: 7
Paco Penas, de fermosa orixe: 8

Mer disse...

pois eu quero un numeriño para o sorteo

a miña nai é de negreira

saúdos

Moncho Pais disse...

Números:

O Raposo de Sober, terra intensa: 1
O LM, creador do becho?: 2
O FraVernero, nau aventureira: 3
A Alexandra lindíssima: 4
A Chousa da Alcandra, sempre Antas: 5
Mr. Sousa: 6
A Fada das Letras, máxica: 7
Paco Penas, de fermosa orixe: 8
A Mer, nobre céltiga: 9

Mer, pois eu vivo en Viceso, pasando o río Tambre pola Abeanca despois de Ons. Fixen o instituto en Negreira. Negreira é boa vila. Non sei se en Negreira lle chaman roxóns ou rinchóns, nunca me fixei. O que si sei é que xa hai moitas diferenzas lingüísticas pasando o río... e iso que somos da mesma comarca económica! Un bico moi forte (se mo permites, vaia!) ;-)