domingo, 1 de março de 2009

Numeroloxía


Electores galegos

Por provincias administrativas:

-A Coruña: 953 467
-Pontevedra: 774 877
-Lugo: 302 159
-Ourense: 281 012

A diáspora, por estados de residencia máis importantes:

-Arxentina: 121 207
-Venezuela: 33 936
-Brasil: 30 635
-Suíza: 29 117
-Uruguai: 28 537
-Francia: 15 898
-Alemaña: 13 064
-Cuba: 12 171
-Reino Unido: 9 964
-EE.UU.: 9 780
-México: 7 936
-Outros países. O número de electores é inferior a 5 000 por estado. Destacan Bélxica, Andorra, Portugal, Holanda, Canadá, Panamá, República Dominicana, Chile a Australia.

A que demos se agarda para formalizar e regular o voto emigrante? A vós parécevos normal que un fillo ou un neto dun galego emigrado hai 50 ou 60 anos poida votar? A vós parécevos normal que unha persoa que nunca estivo en Galiza e que posiblemente non saiba nin situala no mapa poida votar? Vós credes normal que unha persoa que posiblemente a única idea de Galiza que teña é a da miseria de hai 50 anos contada polo seu avó poida votar? Coidades xusto que Juan Pereira de las Torres, nacido en Mar del Plata en 1963, fillo de emigrante galego, descoñecedor de Galiza absoluto e só guiado pola tremenda lupanda á que o convida o señor Fraga e compañía cada catro anos poida votar e que Xan Rois Casal, galego nacido en 1980 emigrado ás Canarias por motivos laborais e perfecto coñecedor da realidade galega non poida votar?

É por iso que eu considero a democracia relativa no caso galego. Para min esta eiva sempre vai estar presente e nunca imos poder ser normais democraticamente. Sempre imos estar pendentes dos votos de persoas que a pesar de seren descendentes de galegos, xa non pintan nada no noso rumbo histórico. Son tantos votos que poden virar a opinión máis obxectiva dos residentes galegos, que viven e saben como é a realidade galega. Pode chegar un momento no que dea igual o que votes, porque os fillos de emigrantes van decidir quen vai mandar en ti (mais non neles...). Para min, a democracia en Galiza non existe.

1 comentário:

Anónimo disse...

Abofé!!!! Coñezo a relidade. A miña tía levou ao Correo en Bos Aires os 4 votos da súa casa para o PP sen apresentar pasaporte. Coñeza aquelas campañas no Centro Galica de Bos Aires. O grande invento de Fraga!!!
O malo é que agora os outros (PSOE) aproveitan o das sacas e poden gañar 1 escano. Ao invento do PP saiulle o conto furado desta vez. Pero voltarán ao rego.