Benvidos a este meu caderno de bitácora. Esta vosa/nosa casa pretende ser un lugar onde botar agradables faladoiros e expor ideas, opinións, crenzas, preocupacións e impresións. Quere ser unha nau que nos leve por diferentes mares á procura do destino. Quere ser unha brisa doce e suave que nos bata na face mentres ollamos o horizonte afastado do mar sentados enriba do castro de Baroña. Quere ser a arpa de Emilio Cao, transportadora ao mundo dos soños e da realidade transparente. Quere ser un enorme fumeiro, descomunal, coma o Faro dos Brigantes, que boure e tronce as nubes dos días mainos e as obrigue a orballar, chuviscar e barruzar.
Ei, amighos, vaivos un café?
5 comentários:
Benvido a os mondos dos bitacoreros.
Desde las tierras de la lengua catalana te mando este saludo y estaré atento a todo lo que ocurra por aquí.
Salut.
Moi boas Moncho!!!
Benvido sexas ao mundo do blogomillo.
Estarei aquí mesmo!!!
...por certo: o meu nome é Manuel L. Rodrigues (sen o lopes).
Unha forte aperta e a ver se quedamos para tomarmos ese café na vida real.
Dende as Terras do bispado de Tui, déxote este saudo baril, rexo e subrime. E obrigado por manteres o "oasis" no meio do deserto bereber.
Boas noites!
Ogallá te cheguen moitos parabéns polo contido da bitácora. Non podo facer máis que desearlle boa singladura ao seu capitán. Pero lembre este último que os mares de Irlanda tamén bañan as costas saxonas, e que os piratas que nestes tempos ocupan Londinium poden non estimar o acertado contido das súas verbas. Neste país de cegos, o torto (polo almirante Nelson) triunfa!
Unha sentida aperta,
J.L.
Mellor me vai un licor café. A ver cando ficamos para tomar un, compañeiro, que dai milenios que non che vexo, eh?
Unha aperta dende Outes, onde debullamos 'flores' con o aberta!
Enviar um comentário