Hoxe vou pór a relación de topónimos mirandeses que hai en Portugal, por se algún de vós precisárades empregalos na súa forma correcta. Como ben sabedes, o mirandés é unha variedade dialectal do corpus ástur-leonés, antano falado en Asturias, Cantabria, León, Zamora, Salamanca e as portuguesas Miranda de l Douro e parte de Vimioso (Bumioso en mirandés). Hoxe por hoxe, só se fala en Asturias (agás a zona do Eo-Navia, de fala galega) e en La Liébana de Cantabria, habendo pequenos restos no léxico nas antigas zonas falantes de León e Zamora. O mirandés fálase en dous concellos ou cámaras municipais: Miranda de l Douro e Vimioso. En Miranda de l Douro fálase na súa totalidade, mentres que en Vimioso só se fala en dúas freguesías. Eis as aldeas. En primeiro lugar coloco, como corresponde, o topónimo autóctono orixinal e en segundo o topónimo inventado portugués. As aldeas de Miranda de l Douro sonvos:
-Aldinuoba. *Aldeia Nova
-Anfainç / Infainç. *Ifanes
-Augas Bibas. *Águas Vivas
-Atanor. *Atenor
-Bal d'Aila. *Vale de Águia
-Bal de Mira. *Vale de Mira
-Bila Chana de Barciosa. *Vila Chã de Braciosa
-Cérceno. *Cércio
-Cicuiro. *Cicouro
-Custantin. *Constantim
-Dues Eigreijas. *Duas Igrejas
-Freixenosa
-Fuonte Aldé. *Fonte Aldeia
-Fuonte Lhadron. *Fonte Ladrão
-Granja de la Silba. *Granja de Silva
-Malhadas
-Miranda de l Douro. *Miranda do Douro
-Palaçuolo. *Palaçoulo
-Palancar
-Paradela
-Picuote. *Picote
-Prado Gaton. *Prado Gatão
-Pruoba. *Póvoa
-Quinta de Cordeiro
-San Martino. *São Martinho de Angueira
-Sendin. *Sendim
-Silba. *Silva
-Speciosa. *Espiciosa
-Teixeira
-Zenízio. *Genísio
As aldeas de lingua mirandesa de Vimioso son dúas:
-Angueira
-Bilasseco. *Vilar Seco
Xa para poñer fin a esta entrada, comentar que en Caçareilhos (*Caçarelhos en portugués), no concello de Vimioso pretiño de Bilasseco, falouse en mirandés até hai ben pouquiño. Dicir tamén que hai catro aldeas xa no concello de Bragança que aínda manteñen unha cantidade importante de palabras no léxico de verbas mirandesas. Atópanse na raia con Zamora e son: Deilão, Petisqueira, Guadramil e Rio de Onor. Descoñezo como serían os topónimos orixinarios destas catro aldeas, aínda que investigando atopei estas posibilidades: Deilon, Petisqueira, Gudramil e Rionor. A aldea máis coñecida para nós é Rio de Onor, famosa por ter continuación na Seabra (chamada vil e cruelmente Rihonor de Castilla) e estar separada unha parte da aldea da outra por unha estúpida cadea de ferro que marca a fronteira internacional. Xa sabedes... xantar en Portugal e cagar en España...

3 comentários:
Para reflectir…!
Agradecia os vossos comentários.
És deplorable com els dessitjos imperialistes i territorials d'uns pocs arriben a denigrar i fer desaparéixer trets de la cultura popular, plasmada sobretot en les llengües. Al País Valencià, la destrossa de la toponímia va ser brutal i en molts casos els noms originals han estat ja irrecuperables una vegada que la llengua ha deixat de tindre un ús majoritari.
Salut.
Impresionante crónica. A pesares de que o meu interese é a excavación de castros xunto ao meu amigo Vicente Risco, e de todo o celta; tamén gorenta ler e escoitar cousas dos nosos lindeiros culturais e territoriais.
O único do que realmente teño coñecemento da zona é da Gaita de Foles ou "mirandesa", espallada realmente por máis sitios pero especialmente conservada con moito agarimo nesta bisbarra. Gaita que foi "exportada" cara as "tunas" de todo Portugal e aos grupos folk de Porto e de todo o Norte. A Gaita de Foles é por tanto unha gaita galega, e é historicamente a máis anterga da penínsua polos achádegos.
Certo é que ten relación musical con Zamora (Çamora) no eido gaitieril e tamén tivo no lingüístico algo.
No entanto a relación co leonés-asturiano actual, se ben é así e nótase, eu véxoa bastante afastada na práctica. Cecáis por influencia das grandes línguas e pola escrita consecuente e resultante.
A grande influencia portuguesa é fala do norte (o portugués do norte é galego), ficando somentes o portugués "padrão" á denominación oficial da toponímia estatal. A do leonés vese nas terminacións (sufixos), nos artigos e o "lh" ("ll") e noutros detalles que deixo para os expertos. Pero para un que non está moito no palleiro do asunto, semella máis "castrapo" puro e duro.
Cousa que fixo que algún autor musical portugués asociara o galego ao mirandés (Paulo Bragança). Mellor, eu non vexo problema nelo.
Idioma propio ou variedade dun grupo lingüístico? Penso que as discucións endexamáis acabarán. O espíritu de bisbarra de tódolos xeitos ficará asegurado por unha banda pola Gaita de Foles que pasou a ser de interese cultural e "nacional" en Portugal.
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
Enviar um comentário