terça-feira, 11 de novembro de 2008

Idioma meu

Idioma meu, humilde, nidio, popular,
labrego, suburbial e mariñeiro,
que fas avergoñar
ao burgués, ao señorito e ao tendeiro:
levas sangue do pobo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sen mágoas nin tristuras.

Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado
como a pobreza e o delito,
fala do emigrante e do maldito:
soio resoas nos lares
das xentes populares.

Ti tes que rexurdir puro,
poderoso, enteiro
pra erguer noso futuro
de pobo absoluto e verdadeiro!

4 comentários:

Unknown disse...

Grandeiro o Manuel María. Ler con degaro e outeza as súas praboas, verbas somellábeis ao ceo, produz unha enchenta de garrideza. Verbas achegadas ao xardín medieval de Pero Meogo, fillas do Santo e Sagro Latín inserido nas pedras do Pórtico da Groria.
A nosa língua ten de recuperar o lugar que lle pertence: o do pirmeiro Romance da penínsua e culto, sobor da língua montañesa mesturada cunha pouca de latín (língua de chouteiras e cabras) que é o castelán.
Podemos poer en comparanza unha língua europeia de referencia con outra con textos de dubidosa procedencia como "Cantares del Mio Cid" inventadas por Menéndez Pidal ou algún outro furafollas liberal? Endexamáis.
Namentres o noso latín fica afinado polos antergos sons céltigos indoeuropeus, noutros idiomas o latín fica rexo e apodrecido polas verbas íberas ou afemiado co árabe do sul e outras falas africanas.
Língoa tamén de Reis, somentes temos de acendela para que ollen as luzadas na outra banda do Atlántico os nosos irmáns e antergos brigantes que alá foron.

FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS

Ibericus disse...

Obrigado por escrever no blogue do Além Guadiana. Não percebo bem a pergunta de um escritório em Valência de Alcântara. Além Guadiana só actua em Olivença e Táliga, e gostávamos de ter pessoas em todo o mundo, mas somos poucos e pobres. Saudações da Catalunha. O encarregado do blogue.

miquelet disse...

Gran és qui estima i defensa una llengua per segles maleïda.

Salut.

fgul disse...

homeeee...

hehehe!!! Todo é comezar a ler o poema e decatáreste de quen se trata

Inconfundivel.