sábado, 1 de novembro de 2008

A toponimia aranesa

Continuando co anhelo comezado nunha entrada anterior (adicada ao dominio lingüístico do mirandés) para que a xente empregue correctamente os topónimos dos lugares aos que fai referencia, hoxe vou pór a relación de topónimos das aldeas e vilas do Val d'Aran. Como sabedes, o Val d'Aran está situado nos Pireneos (Pirenèus en occitano), na actual provincia de Lleida, chantado no extremo norte, o que o fixo caracterizar por ter lingua propia diferente da catalá: o occitano ou aranés. Como lingua propia que ten de seu, os seus topónimos deben ser escritos en occitano.

En primeiro lugar, debo comentar a situación administrativa aranesa. No Val d'Aran existen os concellos (municipios) como en todo o territorio español, mais esa non é a súa administración tradicional. Tradicionalmente o territorio aranés dividiuse en terçons. Os terçons foron unha doazón de Jaume II de Aragón, alcumado o Xusto, na chamada Querimonia, feita en 1313, pola que o Val d'Aran pasou a posuír un Consello Xeral gobernante propio e autónomo. Nin tan sequera os Decretos de Nova Planta de Filipe V, feitos para eliminar os foros catalano-aragoneses e impor o castelán como única lingua de uso para crear un modelo centralista ao xeito francés, conseguiron eliminar os terçons e os dereitos araneses. Foi en 1833, na fatal división provincial de Javier de Burgos, cando se eliminaron os terçons e se conformaron os actuais municipios araneses incrustados na nova provincia de Lleida. En 1990, recuperáronse os terçons como unidade administrativa no Val d'Aran, superpoñéndose á estrutura municipal.

Nun primeiro intre, había tres terçons (de aí o nome): Bossòst, Vielha e Garòs. No século XVI dividíronse e formaron seis terçons: Quate Lòcs, Irissa, Marcatosa, Castièro, Pujòlo e Arties e Garòs.

Alén os terçons están os municipios, que son nove: Arres, Bausen, Es Bòrdes, Bossòst, Canejan, Les, Naut Aran, Vielha e Mijaran e Vilamòs. O terçon de Quate Lòcs inclúe os municipios de Bausen, Les, Canejan e Bossòst. O de Irissa inclúe Arres, Vilamòs e Es Bòrdes. O municipio de Vielha e Mijaran está dividido entre o terçon de Marcatosa e o de Castièro; e o de Naut Aran está dividido entre os de Pujòlo e Arties e Garòs.

Imos coas entidades e a súa escrita correcta logo:

Terçon de Quate Lòcs:
-Bausen
-Pontaut
-Les
-Banhs de Les
-Serís
-Bossòst
-Bòrdes de Sapòda
-Canejan
-Bordius
-Era Cassenhau
-Eth Pònt de Rei
-Eth Pradet
-Porcingles
-Pujòla-Amellet
-Sant Joan de Toran

Terçon de Irissa:
-Arres
-Arres de Jos
-Arres de Sus
-Vilamòs
-Era Bordeta
-Es Bòrdes
-Arró
-Begós
-Benós

Terçon de Marcatosa:
-Aubèrt
-Vilac
-Arròs
-Eth Pont d'Arròs
-Betlan
-Mont
-Montcorbau
-Vila

Terçon de Castièra:
-Vielha
-Gausac
-Casau
-Betren
-Casarilh
-Escunhau
-Mijaran
-Sant Pèr
-Era Tuca

Terçon de Pujòlo:
-Bagergue
-Salardú
-Unha
-Tredòs
-Gessa
-Baqueira
-Pojo
-Montgarri

Terçon de Arties e Garòs:
-Arties
-Garòs

Un bico forte a todos e todas!

4 comentários:

Unknown disse...

O "Val d' Aran", hoxe un lugar turístico que conserva unha grande beleza e cerne cultural por mór do seu isolamento, é outro dos exemplos dos erros históricos do estado español.
Seguramente, "alumeados" e "acesos" polos liberais franceses, mesturado cun imo desexo histórico de centralismo, os españois do XIX puxeron en práctica a destrución da organización histórica copiando as provincias (departamentos) do veciño estado.
Un réxime centralizado leva sempre a un grande desenrolo do "centro" ou capital como eixo dominador, e ao debalo da "periferia"; conseguindo así polos prantexamentos económicos e políticos, a gorentosa "uniformidade".
Tal é o caso de países con organización provincial extremadamente unitaria como Arxentina (onde Bos Aires é medio País), Franza, ou mesmo Portugal (a pesares da resistencia de Porto fronte a uniformizadora Lisboa).
Eu penso que para avanzar e modernizar territorios hai que partir da organización popular existente, e non mudar nun repente todo, impoñendo un sistema prexudicial para sitios pequenos e alleo ás necesidades populares.
Ben sabían aqueles "liberais" españois tinguidos de cores "rancias" que a "periferia" endexamáis podería competir economicamente co "centro", onde se estabelecería o poder, con máis populación e capacidade de medrar.
Estas intencións oscuras, disfrazadas de "liberdade individual" e "medra da economía", agochando o centralismo e vontade para acabar coas diferenzas, por sorte non chegaron a cumprirse de todo.
Emporiso ainda hoxe a xente aranesa pode sentir orgulleza da súa historia, e ter un desenrolo económico contando con servizos socias relativamente perto. Doutro xeito, se existira o réxime liberal herdeiro daquelas intencións de 1833, probabelmente non habería hospitais, nen servizos pola lonxanía do lugar, e a xente tería marchado cara a outros "centros económicos" ficando todo abandoado. Por sorte a división de Javier de Burgos ficou nos mapas, e hoxe está superposta á administración autonómica.
Os de Madride e os novos "liberais" queren acabar coas autonomías, e eu quero acabar coa mentira das provincias, con Javier de Burgos, con Isabel II, coa constitución de Cádiz e coa inmensa mentira da "vontade de unidade nacional de 1808" vendido coma "independencia". Paradóxico que os que salientaron a "francesada", logo copiaran o seu modelo político.
Grande artigo de Arán que serve para coñermos mellor os recunchos da penínsua e a toponimia que agocha grande parte da historia do vale.

FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS

fgul disse...

polo menos no estado español non puideron derrocar os dereitos lingüisticos tal fixeron na Franza (e non lles faltou intencions).

Un saúdo Moncho

amauta disse...

é necesario seguir a escoitar as verbas da Val d'Arán tan golpeadas como isoladas pola besta do españolismo (e máis do turismo filo-monárquico de Baqueira).
Saudos e beizóns para a Lenga d'Oc!

miquelet disse...

Una preciosa llengua l'occità. Vaig tindre l'ocasió d'escoltar una xerrada en occità a Elx. L'entenia prou bé, ja que és molt semblant al català (alguns lingüistes diuen que fins i tot arribaren a ser una única llengua en un passat no massa llunyà.
De vegades em pose una de les poques ràdios en occità que s'escolten per internet. És molt bonica. Llàstima que a l'Estat francés es trobe en la situació en la que es troba.

Salut.