terça-feira, 9 de dezembro de 2008

Morte ao Borbón

Onte armouse unha liorta de grandes dimensións por mor dunha frase desafortunada do voceiro de Esquerra Republicana de Catalunya Joan Tardà. Nun acto das xuventudes de ERC (JERC) o Día da Constitución Española, rematou o seu discurso berrando "Viva a República! Morte ao Borbón!". É de imaxinar os ríos de comentarios e opinións dos medios de comunicación e políticos sobre a xa famosa fraseciña.

Que podo opinar eu do tema? Pois que a frase está desenfocada. Imos analizalo. Por una lado temos a Joan Tardà, membro dun partido independentista catalán e ademais republicano. Que agardaban? Que lla lambese a El-Rei? É republicano, carallo! E con respecto ao de "morte ao Borbón", simplemente é un xeito de dicir "abaixo a monarquía". Con isto quero dicir que esa frase non se dixo con afán de lle desexar a morte a El-Rei Juan Carlos I de Borbón y Borbón, algo que, sinceramente, non querería nunca o señor Tardà. Nin do rei nin de ninguén. Cando se di Borbón, dise monarquía. Non se ataca á persoa en si, senón ao concepto mesmo de monarquía, un concepto totalmente desfasado, anacrónico e, actualmente, absurdo, caro e inútil. Unha monarquía, por certo, imposta polo ditador Francisco Franco, pois foi abolida democraticamente en eleccións nos anos 1930. Nunca xamais se voltou facer un referéndum sobre se queremos ou non monarquía, se queremos ser súbditos ou cidadáns. É realmente necesaria unha persoa que ten uns gastos astronómicos na economía española e cuxa única función real é a de viaxar en representación do seu país polo mundo? Como fan as repúblicas doutros países entón? Non van representantes dos seus estados?

Agardo que esta polémica frase non lle produza moitos problemas a Tardà. Hai que entender o contexto e o significado real da frase. Non dramaticen algúns sectores... temos Borbón para longo... por desgraza.

Abaixo a dentadura!

2 comentários:

fgul disse...

Completamente de acordo. É unha expresión (digamos) feita.

Quen o queira entender, que o entenda.

Unknown disse...

Eu penso que foi, segundo o significado das palabras unha expresión algo desfortunada. Mesmo tamén polo que dixo no contido.
Non o digo polo da familia descendente daquel Felipe francés, digoo porque este tipo mesturou un saudo anarquista maioritariamente como "Salud" ou "Salut" coa República. Esa que ao final só querían manter os de esquerdas.
O certo é que todos estaban contra o fascismo pero de diferentes xeitos: uns creían no ausencia e no arredamento de calquera forma de governo (CNT), e outros como ERC ou os comunistas e socialistas, un governo de esquerda ao xeito soviético ou semellábel.
Que pasou? Pois que en Cataluña por ex. "molestábanse" entre eles, e moitos milicianos de ERC ou da Fronte Popular logo, mataron a centos de anarquistas (como tamén houbo anarquistas que mataron repubricáns, lóxico).
Apoendo entón un "romanticismo retro", Joan Tardà dixo o de "salut" porque fica ben para consumo interno (diante das JERC), e fica lindo hoxe onde adoitamos xunguir aos antifranquistas todos no mesmo saco. Ademáis é mellor que dicir "adeus". Na historia o feito máis sobranceiro dos anarquistas, é que mataron ao Cardeal Soldevilla, reverendo fillo de puta (nunca mellor dito). O que fixo o Tardà entón, por falla de coñecemento histórico, foi apadriñar aquela lembranza antifranquista sen ter en conta que eles estiveran enfrontados e mesmo asasinaran aos outros (CNT anarquistas).
Agora deixamos de lado a parte desfortunada e pasamos á outra.
"Morte ao Borbón" é o que é: querer acabar coa familia real. É un berro que se facía dende tempos de Alfonso XII, e expresa o imo desexo que abaixar do poder a el-rei. El non falou de matar a Juan carlos I directamente. Emporiso non pode ser condenado por ameazas porque pode falar de "Calquera Borbón".
O que sí, seguro que o pensou de certo; tal e como pensamos todos as veces que "hai que matar a el-rei". Mesmo escápase en voz outa. Pero eso é parte arlotía e do ranciar nun lugar e momento sobranceiro.

Saúde!!!!!