O primeiro de todo pedir desculpas aos lectores pola demora, en especial ao FraVernero, o que puxo o facho no aire ante a situación. O certo é que esta tempada andeivos moi ocupado con varias cousas. Xa o meu horario laboral non me permite facer moitas leas! Só me restan ao cabo do día un cuarto de hora no xantar e unha horiña á noite. O resto pásoo no traballo, nas viaxes de ida e volta e meténdolle material ao bandullo. De todos xeitos non teño excusa. Para algo están os domingos... Ando algo baixo de ánimos en xeral. Tampouco sabería dicir por que. Logo de moito cavilar cheguei á conclusión que é por estar lonxe da Terra e dos seres amados. É esa especie de morriña que me anestesia o ánimo e a mente. Non sabería explicar...
Hoxe quería falar sobre as grandes mentiras de España sobre o galego. Xa que estes días houbo un enorme balbordo por esa hipócrita manifestación de Galicia Bilingüe, quero expor aquí o que eu vexo dende a miña experiencia en Meiril (Madrid en galego de Estremadura). Logo dunha boa tempada nesta árida cidade puiden estabelecer unha serie de "razóns" ou "argumentos" cos que "opinan" e argúen os nativos destas terras. En xeral observo unha ignorancia moi grande, enorme, no tema relacionado coas linguas cooficiais e, en concreto, co galego. Puiden comprobar como o 80% da poboación habitual opina o mesmo sobre o galego, e estas que vos conto son as grandes mentiras de España:
-El gallego no sirve para nada. Como non vai servir para nada? O galego, como unha lingua que é, serve para se comunicar. A función principal das linguas é a comunicación. No caso dunha lingua en concreto, serve para se comunicaren os falantes desa mesma lingua. Tamén se poden comunicaren con falantes doutras linguas cun certo nivel de intercomprensibilidade como poden ser algunhas das diferentes linguas románicas. Se unha persoa ten unha idea e lla quere contar a outra, emprega a lingua. O galego é unha lingua. Serve para iso. É máis, saber galego permíteche o acceso á lusofonía, onde podes falar portugués ou galego (tanto che me ten, éche o mesmiño) cunha das maiores comunidades lingüísticas do planeta.
-El gallego no es un idioma, es un dialecto. Os que opinan isto sempre teñen máis idea cós lingüistas... ou iso din. O certo é que calquera lingüista che dirá hoxe que o galego é unha lingua de seu, non un dialecto. Un dialecto é unha variedade dentro dunha lingua cunhas características especiais que o diferencian do estándar, mais non posúe toda unha estrutura propia que o califique como lingua de seu. O galego ten unha estrutura suficientemente orixinal como para se considerar lingua. Ademais, dialecto de que lingua? Do castelán? Como moito sería dialecto do corpus galego-portugués, non do castelán, lingua coa que nada ten que ver. O galego é unha lingua de seu como o é o castelán, o catalán, o francés, o romanés ou o romanche. Así está recoñecido por todos os lingüistas e a nivel social, político e legal.
-El gallego es un castellano antiguo que se quedó ahí, sin evolucionar. Variante da anterior. Os que din isto tampouco adoitan seren moi evolucionados.
-El gallego casi no se habla. Como non se vai falar, ho! O galego hoxe por hoxe é a lingua máis empregada de Galiza. O número de monolingües en galego é superior ao dos monolingües en castelán e o número de bilingües que empregan máis o galego é maior có dos bilingües que empregan máis o castelán. Iso é así. Os que opinan isto sempre adoitan empregar como argumento que eles estiveron de vacacións en Galiza e non o escoitaron. Casualmente, a inmensa maioría veranean en Sanxenxo (Sangenjo segundo eles) e arredores. Que che respondan en castelán porque queiran facer negocio contigo non significa que non falen galego, nin que non existan os falantes de galego. É máis, nos lugares onde menos galego se fala (Vigo e A Coruña), non fai falla moito para o poder escoitar. En Vigo con ir a algunhas das parroquias lindantes co centro (Beade, Lavadores, Bouzas, etc.) é moi sinxelo de o escoitar. Na Coruña acontece o mesmo no Castro de Elviña, por exemplo. E tamén me consta da existencia de falantes nos centros mesmiño (estou a pensar nalgún da rúa Rosalía de Castro de Vigo ou do Orzán na Coruña). O galego, polo tanto, fálase. E moito.
-Los que habláis gallego sois unos nacionalistas. Pois que queres que che diga? Non sabía que o 98% da poboación galega no século XV era nacionalista. Vaia... iso é todo un éxito! Se nos restrinximos a hoxe, simplemente lembrar que o PP fachendeaba de que a maioría dos seus votantes falaban galego. E se non que llo pregunten, sen ir máis lonxe, á miña avoa: monolingüe en galego e votante impervertíbel do PP. É o PP nacionalista? Será nacionalista español. Significa iso que todos os nacionalistas españois falan galego? Vaia! Fanme faíscas os ollos!
-El castellano está desapareciendo de Galicia. Iso é absurdo. Con só ollar as estatísticas é obvio cal é a lingua que perde falantes, e esa non é o castelán.
-Los que hablan castellano están discriminados. Discriminados? En galego hai dúas cadeas de televisión (unha delas recén fundada), dous xornais e unha radio. En castelán hai varios xornais, ducias de revistas, decenas de radios e nove ou dez televisións. Quen é o discriminado? O cinema é en castelán. En galego hai dous filmes ao ano en total. Quen é o discriminado? O galego non para de perder falantes. O castelán non para de os gañar. Quen é o discriminado? Facer papeis no Rexistro ou redactar documentos de valor legal en galego é unha anécdota. A Xustiza en Galiza é en castelán. Quen é o discriminado? Falar galego ou ter un bo nivel de galego é, a nivel laboral, pernicioso... é dicir, se falas galego, en moitos lados non te contratan. Na maioría dos traballos, se non falas castelán, non te contratan. Quen é o discriminado? Cando vas pola cidade e entras nun bar ou un comercio, ninguén che atende en galego aínda que vexan que falas galego. Se ti es o camareiro ou vendedor e lle falas en galego a un castelanfalante, é moi posible que che esixa que lle fales castelán. E farao moi desagradablemente. Quen é o discriminado?
E agora o argumento que TODOS empregan cando se senten acurralados e non saben como defender a súa "postura", o cal para eles acada un valor absoluto e indiscutible:
-Esto es España y aquí se habla español. Daquela onde se fala outra lingua diferente ao castelán non se pode considerar España. Iso significa que os meus pais, que falan só en galego, non son españois. Iso significa que Esparís, a miña aldea, onde o 100% dos habitantes falan galego, non é español. Iso significa que milleiros de lugares e centos de milleiros de persoas galegas non son españolas. E centos de lugares e persoas vascas e catalás tampouco son españolas. Se ser de España é falar español, meus señores, España é realmente pequena. España, ou como se lle queira chamar a esa caste de remexido de culturas, é plurilingüe e pluricultural. Ten dez linguas autóctonas diferentes. Dez maneiras de se sentir español. Os que din esa frase están tan cegados pola súa propia ignorancia ou pola súa propia malicia que non ven/queren ver isto. E é por iso que existen o odio cara os españois, polo seu desprezo cara nós, cara o diferente, cara o que non é igual ca eles e non aplaude os toureiros matando os pobres touros.
Este évos un resumo curto das miñas experiencias en Meiril. Como queredes que estea ledo con esta mesquindade a me arrodear? Dá noxo...
Unha aperta forte!
P.D.: Estes días ándovos a ler Os Lusíadas de Camões e iso tamén me come moito tempo. É unha lectura moi difícil e estame a custar abondo, certamente.

5 comentários:
Nada, irmán. O traballo é o traballo, e sempre conta como eximente. Do mesmo xeito, que estexas a lidiar coas armas e os barôes assinalados tamén che concede bula e indulxencia plenaria...
De todos xeitos, son de agradecer estas reflexións sobre os estereotipos e mentiras do Centro, que non por falsos e ridículos (alén de vistos como algo xa superado eiquí), deixan por iso de ter vixencia nas cabeciñas máis curtas dos Madriles...
Tes encargo, aliás, na miña bitácora, eh?
Unha aperta!
Tremendo artigo Moncho.
Vouno enlazar ao meu blog cunha entrada, polo seu interese.
Por certo; tes unha encarga desde a miña web. Agardo que participes.
Un saúdo
opa meu.
R/F. Vale su peso en oro.
Pois logho...que imaxinen os Iberos, canto valera "os que soportan o torque d'ouro". Que culpa teremos nos de seren belezas nordicas esculpidas polo atlantico, aghuaaanta cagh'na virghen, unha aperta meu.Santa Combiña te guarde.
As cousas quedan ben ditas e ben reflexionados.
Se hai que falar español porque "esto es España", dalgunha forma nos están a obrigar a deixar de "ser españa", non si?
POr min dacordo...deixemos de selo.
Saúde!
FraVernero, coidas que están superados todos eses estereotipos en Galiza? Eu téñoche as miñas dúbidas. Algúns deles non, aínda que teñen un valor diferente ou saen outros novos. Unha das mentiras que observo en Galiza e que xeralmente non se dá aquí é asociar o galego con ser "paleto". De feito, é unha das fraseciñas que dicían na manifestación de Galicia Bilingüe ("Paleto el que no salte"). Dá moito que falar o tema.
Manuel L. Rodrigues, encantado que fagas referencia ao artigo. Unha aperta!
Amauta: Non podo estar máis de acordo. Que alternativa queda?
Un saúdo, Castrexo!
Enviar um comentário