Irmáns!
Hoxe quixera falar sobre un tema que dá moito que latricar: a toponimia das grandes cidades e dos estados. Hai quen defende que as cidades grandes deben ter o nome na súa lingua autóctona e tamén noutras grazas á súa condición de internacional. Deste xeito, London, a capital do Estado do Reino Unido (nome moi suxerinte, por certo), é coñecido por estes lares como Londres; en italiano dise Londra (coma o mustélido que vive nas ribeiras dos ríos galegos); en bretón Londrez; en finés Lontoo e así un longo etcétera sen fin. Como se pode observar, o descontrol é moi significativo.
De todo isto só hai algo certo: o sitio chámase London, porque London é como se di en inglés, a lingua autóctona dese territorio. A esta posibilidade de lle chamar ás grandes cidades por diferentes nomes segundo a lingua que se empregue amarrouse o famoso ex-alcalde da Coruña Paco Vázquez. Na súa teima internacionalista (desculpen o emprego da honrosa verba) e apoiado do seu ―merecido?― título de sir, considerou A Coruña unha das meirandes cidades do mundo (que manda carallo!), co cal abría a posibilidade de lle chamar A Coruña ou La Coruña, a gusto do consumidor. Afortunadamente isto non foi adiante grazas á lei 3/1983 do 15 de xuño aprobada pola Xunta onde se expón claramente e con apoio absoluto que a única forma oficial e legal dos topónimos galegos é a da súa lingua: a galega. Xa sabemos o xogo do raposo no que andan algúns...
Quixera saber das vosas opinións sobre o tema. A miña é moi clara: cada sitio ten un nome, o da súa lingua autóctona. As cidades ou lugares con varias linguas autóctonas poden admitir varias posibilidades, tantas como linguas autóctonas teña. Isto fainos pensar que para que respecten os nosos topónimos na súa forma galega ―a única forma ética e legal, insisto― fóra do mundo pangalaico, nós tamén debemos respectar os topónimos estranxeiros. Á hora de falarmos é difícil evitar dicirmos A Bañeza no canto de La Bañeza, aínda a sabendas de que o correcto é La Bañeza. Isto é comprensible e non censurable no discurso familiar. Onde si é censurable é na escrita e mesmo no discurso formal. Debemos procurar respectar os topónimos correctos.
Outro tema máis complexo é do nome dos estados e países. Practicamente todos os estados son plurilingües. Só hai pequenas excepcións coma San Marino ou Liechtenstein. Nin tan sequera o noso querido Portugal é monolingüe (como sempre se pensou). É por iso que un estado pode admitir varias acepcións ou nomes para designalo. Tantos como linguas que teña. Mais, é lóxico chamarlle a un estado cun nome creado nunha lingua estraña a el? É lóxico chamarlle Rumanía (en castelán) ou Romanía (en galego) ao estado chamado România? Galego e castelán son linguas non autóctonas de Romanía. Non se fala galego nin castelán en ningures en Romanía de xeito autóctono. Eis o debate. É claramente lóxico chamarlle România (en romanés) ou Románia (en húngaro), pois ambas as dúas linguas son propias de alí. Pero se non o é en galego ou castelán, tampouco é lóxico chamarlle Alemaña ou Alemania ao que sería en alemán Deutschland...
Eu opino que no caso do nome dos estados pódese abrir a man e permitir empregar diferentes nomes segundo a lingua que se use, mesmo sendo alóctonas. Facelo doutro xeito levaríanos a unha dificultade enorme.
Agardo as vosas opinións!
10 comentários:
Opa irman!!!
Ta ben o blog. Mecagho na virghen!! é curioso,mais é asi, moi poucos povos,vilas,aldeas,chamanse asi mesmos dunha maneira, é dicir si,existe esa posibilidade, máis abonda a pervivencia de toponimo dun lugar segundo se coñece dende fora, hoxe habería que destripar moitos toponimos en forma de latin,etrusco,ou mesmo IE (indo europeio) pra saber a realidade,o porque dun toponimo e cando estas cousas se fan é curioso ver como os nomes de lugares son dados por xentes cheghadas de fora, un posible cantazo toponimico e o de varias vilas n'Galiza chamadas "Celtigos", que ten máis loxica que eles mesmos se chamen celtigos,ou que señan chamados celtigos,por xente "non celtiga", hai quen non esta d'acordo... Recordo que ca toponimia "Fisterra/Finisterre" houbo moita tela de dios tamen igual que n'Turkía...,digo na Coruña.saudos suevo!
Benvido ás bitácoras, Moncho! Alédame infinito terche por eiquí!
O tema este dos nomes dá para moitos quebradeiros de cabeza, e por suposto, para escollas ruinmente interesadas (xa que o Sir Vázquez era tan cosmopolita, porqué non oficialidade da versión inglesa da súa cidade, Corunna, ou a versión arcaica 'The Groyne'?
No tema de nomes de cidades e países, creo que cumpre distinguir dúas esferas diferenciadas. Dun lado está como os nativos lle chaman aos sitios, formas que deberan ser a toponimia oficial, legal e obrigatoria deses mesmos sitios (no noso caso, os nomes galegos de toda a vida). Outra cousa son os topónimos estranxeiros, e nisto caben dúas opcións. A máis respectuosa sería, certamente, mencionalos cos seus nomes 'orixinais' e 'nativos', anque tamén hai que atender a que as línguas teñen as súas evolucións históricas, unhas evolucións que inclúen os contactos con outros países (e os seus nomes), e cunha tradición toponímica. Un pensa que pouco ou nada se perde con riqueza de termos medievais como Maguncia (para Mainz), Colonia (Köln) Tréveris (Trier)e moitos outros...
Caro amigo FraVernero,
Agora o noso Paquiño é internacional e interdimensional. Velaí o temos de intermediario entre O Vaticano e Deus Noso Señor. Déixao ir. Para a súa memoria non o precisamos, abonda coas imitacións do xenial Paco Lodeiro, que ao menos fainos rir.
Tes ese licor café pago. A ver se subo axiña e podemos combinarmos.
Unha aperta forte!
Castrexo: Beizoada a túa mensaxe. Grazas por baixares da citania e dignarte a escribires no caderno desta bitácora de ronsel impreciso. Eu tamén lembro as liortas en Fisterra. Foros moi sonadas. Lembro tamén as da Pobra do Caramiñal. Da Coruña tristemente todos sabemos o caso. Benvido e grazas pola túa opinión. A orixe dos topónimos é un mundo á parte. O que sería un suicidio e tentar recuperalos tal cal na súa orixe. Se nalgún momento se quixese recuperar o descoñecido "céltico" falado na Gallaecia (e mesmo na Lusitania!) ao estilo de Mannin, habería que pór en bilingüe os indicadores ;-)
Un apreixo, irmán!
És complicat el tema. De vegades el nom d'una ciutat en una llengua alòctona és emprat d'una manera tradicional des de fa segles, com el de London. Per cert, em sembla que pot ser igual de alòcton pronunciar "Londres" que "London" (com ho pronunciaria un gallec llegint-ho fonèticament en gallec.
Pense que són respectables les traduccions o adaptacions quan el nom autòcton és difícil de pronunciar per un parlant d'una altra llengua, com és el cas de Österreich.
La cosa més censurable és quan es tradueixen sistemàticament els topònims o els cognoms per tal d'esborrar qualsevol rastre d'una llengua, com va passar als Països Catalans des del segle XVIII. Traduir un topònim d'origen àrab com "Mutxamel" a la forma castellana "Muchamiel" és ridícul. I potser aixòera el que volien els traductors: ridiculitzar una llengua.
Per cert, intente trobar un mapa antic, on a Benidorm se l'anomena "Beniduerme". Existeix, no és broma.
Salut amics gallecs.
Good morning, gentlemen!
En mi modesta opinión, el único topónimo por el cual sería permisible que la sangre llegase al río sería Constantinopla. ¡Llegado a tal extremo, incluso habría resuelto mis diferencias con el Sr. Murguía! Para casos menos sangrantes, propondría siempre aquél que hiciese más fácil la comunicación entre personas.
Llegado a este punto, responderé con otra pregunta. Hablamos de topónimos pero nadie ha menciondo la pronunciación de los mismos. Y como el capitán de esta bitácora podrá intuir, no es lo mismo alardear con tus convecinos madrileños de un viaje por la sierra a bordo de un devastador todoterreno refiriéndose al mismo como un Nissan "PATrol" (ES) que como, con corrección, "P´troul" (EN). La última es más correcta, pero, ¿nos entenderán mejor?
Volviendo a los topónimos, hay un gallifante en jueogo para quien sepa determinar de dónde procedía la gente que figura aquí:
http://www.ne.jp/asahi/luke/ueda-sarson/ComesHispenias.html
Civis romanus sum!
J.L.
Oops! Substitute an -e- to that civ-s. Mea culpa. J.L.
a ver amigo Moncho; eis a miña opinión.
Os topónimos poden e deben ter un nome oficial (por tanto A Coruña) aínda que tamén se poden adaptar ao idioma de calquera país (por tanto La Coruña, The Coruña, La Corunya, etc...)
Eo coido que o problema non é o topónimo, senon o idioma. En Galiza falamos galego, por tanto A Coruña é a forma correcta.
Se alguén aquí lle chama La Coruña é porque está a falar castellano, ou sexa; o idioma dos castellanos, ou sexa: un idioma estranxeiro.
O asunto é que aquí NINGUÉN debería falar en castellano, agás aqueles que veñen (para o noso pesar) de turismo desde a capital do imperio.
Un saúdo
Está ben. Efectivamente, cada lingua dirá un topónimo ao seu xeito. A Ciudad Real, topónimo catelán, eu chámolle Cidade Real ("Cidá Real" en verdade). Iso é comprensible e non se debería censurar porque é un acto que se realiza instintivamente. A cuestión é que debemos respectar o nome orixinal na escrita.
Na base de todo, logo de lervos, está a lingua. O concepto de lingua autóctona invadida por outra alóctona, caso do galego e o castelán. O topónimo auténtico é o autóctono e ese debe ser o oficial e o empregado na escrita. Na fala a cousa xa é máis complexa. Noutro comentario poderiamos sacar o tema do bilingüismo e as situacións que se poden dar. Dá moito do que lerchar. O importante, xa que logo, é coidar as linguas autóctonas, no que os topónimos, á fin, é un aspecto máis da lingua.
Unha aperta a todos!
Tamén achei interesante (moito) o comentado polo noso amigo de Elx Miquelet e tamén polo noso ártabro Castrexo. A maioría dos topónimos actuais autóctonos foron nalgún momento "modificados" por unha lingua alóctona. Por exemplo, os topónimos galegos de raíz celta/castrexa foron modificados e mesmo, en varios casos, mudados na súa totalidade pola nova lingua traída polos romanos. Tamén me consta o cambio total dun topónimo na Idade Media. Isto abre un novo debate e un novo problema. A solución, segundo a miña opinión, é sinxela: rescatar os nomes orixinais... mais para os libros, porque tentar recompolos é un suicidio. Ninguén os aceptaría.
De todos xeitos, unha boa observación a dos nosos dous compañeiros. Case todo topónimo está manchado e deturpado nalgún momento da súa historia.
Vaites, hai uns días que me lancei a unha disertación semellante sobre o topónimo da cidade de Antwerpen (Flandres)...
Un saudo e adiante!
Enviar um comentário