sábado, 25 de outubro de 2008

Consellos para afrontar a crise

Desta quenda vouvos dar uns consellos para encarar a crise... para quen a teña, claro, pois todos sabemos quen non a teñen: os que a crearon. Aínda que mellor dito, non vou ser eu quen volos dea, senón Влади́мир Ильи́ч Ле́нин, é dicir, o incombustible Lenin.

Como organizar a competencia

"Convocamos unha guerra a morte contra os ricos, os ociosos e os parasitos. Cada aldea e cidade debe decidir por si mesma os métodos para limpar a terra rusa de todas as alimarias, moscas, chinchas ricas e demais. Nun lugar meterán no cárcere unha ducia de homes ricos, unha ducia de argalleiros, media ducia de obreiros que faltaron ao seu posto de traballo... Noutro lugar poranos a limpar latrinas. Nun terceiro poranlles etiquetas amarelas coma ás prostitutas, logo de os facer cumprir a cadea, para que todo o mundo saiba que son prexudiciais e para que o pobo os vixíe. Nun cuarto lugar, un de cada dez lacazáns será fusilado. Canta máis variedade, mellor... porque só a práctica permite atopar o mellor método de loita."


Grazas a J.L. Mato Ahčan pola achega da cita.

A o pór en práctica, compañeiros!

4 comentários:

fgul disse...

hehe

Pois veña; a darlle tralla.

Sabes o pior de todo isto, Moncho?? Que até nestes intres nos que o capitalismo está en crise, carecemos totalmente dunha alternativa "posible" de esquerdas (Fravernero dixit, e fódeme que teña razón).

Saudíños.

Moncho Pais disse...

Manuel,

FraVernero ten razón. Non existe a alternativa. Todas as ideoloxías clásicas de esquerdas non son aplicables hoxe en día na práctica e non hai viso de que haxa unhas novas (un teórico novo socialismo de face humana realmente de face humana). E se hai algunha, non é coñecida, pois sería automaticamente erradicada de xeito violento.

Entón que podemos facer? Non hai ideas novas? Saídas? Vencerá definitivamente o Capitalismo neste intre onde adoece, mais non é atacado ao estaren mortos todos os contrincantes? É unha mágoa... é un novo Nunca Máis, unha grande oportunidade que se nos presenta para recuperar a honra e a dignidade e que finalmente esvaécese nas tebras e brétemas.

Saúdos excépticos.

miquelet disse...

Més difícil es veia a l'Edat Mitjana eixir de la societat feudal i es va eixir.
Poques coses n'hi han tan sòlides com la terra sota els nostres peus, i malgrat tot, es meneja (mira els tractats sobre tectònica de plaques).

Salut.

Anónimo disse...

Eu proporía un sistema social-demócrata, no que o Estado ten como grande responsabilidade a educación, a saúde e a seguranza xeral da poboación.
As grandes empresas "chave" do país como por exemplo as "enerxéticas", cómpren ter ao Estado como socio maioritario ou que éste teña a xerencia das mesmas.
Está ben craro que un individuo non pode ter moito poder, porque pode ameazar ao governo e facer axionllar a todo un país para os seus propios intereses.
É sinxelo ollar como sabidos individuos (millonarios e con poder), sobardaron as regras e fixeron chantaxe ao réxime capitalista, do que eles mesmos fachendeaban.
Tampouco o governo debe poder dirixir a vida da xente a súa antollanza como querían os teóricos que abicadaron a concencia de Lenin; que ao final acabou traindo máis desomellanzas como ten o mesmo capitalismo.
A alternativa a un réxime liberal (individualista e patriótico e ultracapitalista), conservador (ranzo e poirento) ou fascista endexamáis pode ser un neo-marxismo (a UPG ou EU).
Hogano non existe, como ben dicides, alguén que semelle a solución.

GLORIA IN EXCELSIS DEO

FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS