domingo, 12 de outubro de 2008

Longa noite de pedra

O primeiro que puiden observar cando cheguei a Meiril (así é como din Madrid no galego do Val do Ellas) é a forte influencia galega que hai. Con ser un pouco observador é sinxelo ollar negocios con nomes en galego a eito por onde vaias ou referencias á nosa terra. Restaurantes, bares, ferraxarías, tendas de roupa, centros de emigrados, etc.

Lembro o segundo día de chegar acó que tiven que ir no metro para chegar á outra punta da cidade (grande aventura subterránea, rapaces!). Vaia sorpresa levei, meus queridos amigos! Xusto en fronte miña había escrito un poema de don Celso Emilio Ferreiro. Seica no metro poñen anacos de textos de diferentes obras para animar á xente a ler. A campaña chámase "Libros a la calle". Todos os textos que observei ao longo dos días están en castelán... todos agás o Longa noite de pedra do noso irmán (aínda que acompañado dunha tradución ao castelán).

Déixovos a imaxe. Unha aperta forte!

4 comentários:

miquelet disse...

Bé, per ahí es podria començar. Una petita llum al final del túnel.

Salut.

FraVernero disse...

Ben está. Hai que lembrar que se collemos o movemento do poetas sociais e comprometidos dos anos 50-60, unha das mellores voces -por non dicir a mellor- a nivel de estado é precisamente Celso Emilio...

Suso Lista disse...

Mira ben que dis o dia 12 de outubro que Madríd é moi galego. Xa iba sendo hora. Saludos desde a Costa da Morte

Unknown disse...

O que ninguén sabe é que detrás, nos almacéns dos negocios galegos, hai fouces e escopetas. Cando os tempos sexan chegados, Madride ficará abranguido no futuro Imperio galego.

FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS