quinta-feira, 27 de novembro de 2008

Vagalumes na noite da escrita


Estes días saíu do prelo un interesante volume primeiro sobre os escritos en galego antes do Rexurdimento. Leva por título Papés d'Emprenta Condenada, en honra ao texto publicado na Estafeta de Santiago por Manuel Freire Castrillón en 1813. Inclúe todos dos que se teñen constancia de 1797 até 1846. O primeiro texto, de 1797 e publicado no Diario de Madrid, é de Manuel Pardo de Andrade (baixo o alcume de León de Parma) e ten por título Mais garrida que a rosa no seu leyto. O libro vai percorrendo biografías dos diferentes autores e os textos que escribiron.

Para quen queira percurar luces nos Séculos Escuros, como é o meu caso, será de grande interese este traballo publicado polo Consello da Cultura Galega. Podedes baixalo en PDF premendo na face de Añón.

Desfroitai-o! (permítanme o hiperenxebrismo nostálxico) :-)

4 comentários:

FraVernero disse...

Carafio! Pero se metiches tamén a estampa do noso Farruco Añón!

Pensando nos escritos galegos en Madriles, vénseme á cabeza o amigo deste, Teodosio Vesteiro Torres, que se suicidou de xeito espectacular no Retiro, con pistola na man e ao xeito romántico, dando lugar tamén aos mellores versos do poeta de Boel e da Serra de Outes.

Haberá que botarlle un ollo a eses escritos do pre-rexurdimento. Como mínimo, prometen ter un galego embriagador.

Unha aperta, irmán!

fgul disse...

...he he; efectivamente; ese que ollamos ahí é Añón!!!

Obrigado Moncho

Claus Patera disse...

Carallo, Fra Vernero defendendo a Añón!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Que será o seguinte, hipócrita lector?

Moncho, saúdos de Ramón (non sei se te acordas de min). Eu non che ando moito polos blogs, como moito polos dous elementos que asinan senllos comentarios precedentes a este, pero cheguei a este de rebote. Unha aperta.

Moncho Pais disse...

Un saúdo, Ramón! Lémbrome perfectamente de ti. A ver se lle quedamos todos a tomar algo.

Unha aperta!